Durante as próximas semanas terán lugar diversos obradoiros organizados pola Rede de Dinamización, así como outras actividades organizadas tanto por concellos como por grupos de usuarios.
As actividades que se nos presentan son as seguintes:
-
A Rede de Dinamización ofrecerá os seguintes cursos nas próximas semanas:
- Iniciación á informática con GNU/Linux en Tomiño do 24 ao 28 de agosto en horario de 08:30 a 10:30 (Máis información)
- Procesador de textos Writer no Centro Comarcal do Salnés do 7 ao 11 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 (Máis información)
- Curso de presentacións con Impress no concello de Betanzos do 14 ao 18 de setembro en horario de 10:00 a 11:30 (Máis información)
- Obradoiro de edición de imaxes con Gimp no Centro Comarcal do Salnés do 21 ao 30 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 (Máis información)
-
A Oficina de Software Libre da USC organiza desde o 21 ao 24 de setembro o curso O Software Libre e a Lingüística, dentro dos seus cursos de verán.
-
Actualmente, o concello de Rianxo atópase impartindo un curso do sistema operativo GNU/Linux na Aula de Informática do concello (Máis información).
Máis información sobre estas e outras actividades na nosa "Axenda de actividades".
