Mancomún

Publicación da documentación de apoio á formación para a implantación de servizos básicos con SwL

Luns, 21 Setembro 2009

O pasado sábado, día 19 de setembro foi o Software Freedom Day, un día dedicado á difusión dos beneficios do software libre en todos os ámbitos: educación, empresas, administración e usuarios en xeral.

Dende Mancomún queremos unirnos ás diversas celebracións que están tendo lugar por todo o mundo coa publicación no noso wiki da documentación de apoio para a capacitación TIC en software libre  cunha licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0.

Esta documentación foi elaborada como material didáctico do Plan de capacitación TIC en software libre posto en marcha por Mancomún co obxectivo de formar o empresariado TIC galego para que sexa quen de abordar proxectos de implantación de servizos básicos en software libre: ofimática, Internet, ferramentas de traballo colaborativo e de publicación web. Este plan contou con dúas edicións, unha primeira celebrada en xuño de 2008 na cidade de Santiago de Compostela e outra en xaneiro de 2009 na cidade de Vigo.
O interese espertado por este plan de capacitación na comunidade galega foi elevado aínda que, debido a certas características da formación como a concentración intensiva das clases en venres e sábados en varios fins de semana consecutivos, a diversidade dos temas tratados, a limitación de prazas, … os beneficiarios non foron tantos como nos tería gustado.

Para tratar de chegar a un maior número de persoas, ademais de contribuír a incrementar o material formativo sobre software libre dispoñíbel en galego na web, publicamos hoxe estas guías. A súa concepción é servir de referencia ao persoal técnico informático para a súa formación, o que os capacite para desempeñar tarefas de implantación e/ou posterior servizo de asistencia ás ferramentas básicas dunha oficina informatizada con software libre: ofimática, internet e intranet.

As guías incluídas nesta documentación son:

Ademais a súa publicación no wiki, unha ferramenta colaborativa e aberta á participación de toda a comunidade, facilitará o enriquecemento deste material coas achegas que calquera persoa da comunidade pode facerlle.

Esta documentación foi elaborada pola empresa CTI TEGNIX S.L. para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal