
Publicouse unha nova versión do paquete distribuíble da aplicación ARCHIVE. Do mesmo xeito que a anterior versión, esta inclúe o código fonte coa licenza EUPL así como os binarios, bibliotecas e a documentación necesaria para a súa instalación.
ARCHIVE é unha aplicación web de archivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos que cumpre co disposto ao respecto no RD 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica.
As novas funcionalidades e correccións inclúen a solución de varios bugs, mellora e redeseño das pantallas de xestión de usuarios e aplicacións remisoras de SIPs, mellora dos procesos de preingreso de expedientes, funcionalidade para comprobar a corrección dos servizos de notificación das aplicacións, mellora da trazabilidade das accións sobre os expedientes, asignación do identificador único de cada SIP, etc.
ARCHIVE proporciona as ferramentas necesarias para a creación por parte dun superadministrador dun sistema de administración e xestión de Centros de Arquivo multidepartamental, así como a integración en ARCHIVE das correspondentes aplicacións consumidoras e a xestión dos documentos e expedientes electrónicos remitidos polas mesmas.
Máis información na área de descargas da solución ARCHIVE do Centro de Transferencia Tecnolóxica.
