A distribución GNU/Linux para liberar os dispositivos de rede OpenWrt ven de publicar a súa nova versión 19.07.4.
As novidades máis importantes desta nova versión son a actualización do Kernel Linux á versión 4.14.195, melloras varias na interface web de configuración ou o novo soporte de dispositivos, así como diversas correccións de erros e fallos.
Máis información na nota da versión.
