Mancomún

Publicación dun breve manual de Firefox 3.x no noso wiki

Venres, 16 Outubro 2009

Logo de FirefoxDende Mancomún queremos anunciar a publicación dun breve Manual de Firefox 3.x no que se recollen as características e funcións da rama 3.x do coñecido navegador Firefox, de Mozilla.

O documento debe considerarse como un traballo aínda en curso, que se irá ampliando e mellorando. tomando como punto de partida o traballo realizado no seu día no Manual sobre Firefox 2.0.

Animamos a toda a comunidade a colaborar na redacción e mellora deste manual a través do wiki, como a inclusión de novas seccións sobre aspectos que lle parezan útiles para atraer a novos usuarios ao uso de Firefox, as novas características que incluirá a próxima versión 3.6 do navegador…

Así que se hai algún aspecto do teu navegador preferido que queiras resaltar, e te ves con ganas de engadilo a este manual, non o dubides, rexístrate no wiki de mancomún e adiante!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal