Xa se fixo pública a axenda do
OpenJavaDay, un evento sobre tecnoloxía Java creado pola comunidade e para a comunidade. Celebrarase os días 26 e 27 de xuño, na Universidade Complutense de Madrid, un encontro que constitúe a undécima edición en España deste evento para desenvolvedores. O evento celebrarase de modo paralelo ao
OpenSolarisDay.
Concibido como un foro aberto de carácter tecnolóxico, reunirá aos principais expertos para que compartan as últimas novidades sobre Groovy, NetBeans, Glassfish, Spring, Java Content Repository, aplicacións RIA, OpenSolaris, OpenJDK, BPEL, OpenESB e SOA entre outras moitas.
O evento constará tanto de relatorios como de talleres aos cales os asistentes poderán levar o seu propio portátil e, guiados polos organizadores do taller, poderán iniciarse nalgunha nova tecnoloxía ou framework. Tamén se celebrará unha mesa redonda sobre frameworks web e anunciarase o gañador da competición JavaCup 2008. O rexistro é gratuito e a axenda do evento pódese consultar dende aquí.
Fonte: Java Hispano