A Dirección Tecnolóxica da Información e as Comunicacións (DTIC) acaba de publicar a Guía Dixitalíza-T unha guía para facilitar ás Entidades Locais o cumprimento das obrigas dixitais das Leis 39 e 40/2015 e o das ferramentas tecnolóxicas da DTIC.
Esta lei supón un forte impulso á dixitalización das Administracións públicas españolas que establece varias obrigas en torno á Administración electrónica que propician unha maior eficacia, innovación e modernización.
¡Dixitalíza-t! Preséntase como a guía para facilitar o cumprimento por parte das Entidades Locais das novas obrigas, a través das ferramentas tecnolóxicas que poñen a súa disposición a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC).

Trátase dun documento que ten dúas finalidades. Por un lado, explica as novidades en materia dixital das Leis 39 e 40 e a transformación que supoñen, tanto no procedemento administrativo como nas relacións interadministrativas e coa cidadanía a través da tecnoloxía. Por outro lado, ¡Dixitalíza-t! pon a disposición das Entidades Locais un catálogo de ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que lles permite cumprir de forma sinxela coas súas obrigas legais, ademais de garantir un servizo orientado á cidadanía e rexido polos principios da eficacia, eficiencia, transparencia e boa xestión pública.
A guía estrutúrase co seguinte contido:
-
As novas obrigas introducidas polas leis
-
As ferramentas que a Administración Xeral do Estado (AGE) pon a disposición das Entidades Locais para facer fronte a esas novas obrigas e como obtelas.
-
Outros aspectos a contemplar na organización para adaptarse ás novas obrigas.
-
O marco temporal que a lei establece para levar a cabo a transformación dixital.
O Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT), do cal se inclúe a Forxa de Mancomún como servizo federado, é un portal que publica o directorio xeral de aplicacións e solucións cuxo obxectivo é favorecer a reutilización de ferramentas por todas as Administracións Públicas. Este portal informa de proxectos, servizos, activos semánticos, normativa e solucións nos que se traballa en materia de Administración electrónica. Os seus principais obxectivos son:
-
Crear un repositorio común de software e de servizos para a súa reutilización nas Administracións Públicas.
-
Crear una base de coñecemento común sobre as diversas solucións técnicas (normativas, servizos, activos semánticos, infraestrutura, desenvolvementos, etc.) no ámbito da Administración electrónica.
-
Crear un espazo onde se poidan compartir experiencias e cooperar no ámbito da administración electrónica.
Na actualidade, as solucións e ferramentas reutilizables van en aumento neste repositorio, xa se conta con 341 proxectos rexistrados e outros 250 proxectos federados procedentes doutros directorios coma o propio de Mancomún.
Acerca do Art.158 Ley 40/2015:
Segundo esta lei , as Administracións Públicas relacionaranse entre elas e con seus órganos, organismos públicos e entidades vinculados ou dependentes a través de medios electrónicos, que aseguren a interoperabilidade e seguridade dos sistemas e solucións adoptadas por cada una de elas, garantirán a protección dos datos de carácter persoal, e facilitarán preferentemente a prestación conxunta de servizos a los interesados.
Ademais, a Administración Xeral do Estado, manterá un directorio xeral de aplicacións para a sua reutilización, debe prestar apoio para a libre reutilización de aplicacións e impulsará o desenvolvemento de aplicacións, formatos e estándares comúns no marco dos esquemas nacionais de interoperabilidade e seguridade.
En resposta ao artigo 158.2, nace o Centro de Transferencia de Tecnoloxía, que é o directorio xeral de aplicacións para a sua reutilización na Administración Xeral do Estado, no que participan directamente numerosas administracións rexionais e locais e que ademais interopera cos directorios establecidos por outras Administracións Públicas.
Ademais, tamén se establece que, con carácter previo á adquisición, desenvolvemento ou ao mantemento ao longo de todo o ciclo de vida dunha aplicación, débese consultar no directorio xeral de aplicacións, o CTT, si existen solucións dispoñibles para a súa reutilización, que poidan satisfacer total ou parcialmente as necesidades, melloras ou actualizacións que se pretenden cubrir, e sempre que os requisitos tecnolóxicos de interoperabilidade e seguridade así o permitan.
