Mancomún

Publicada a memoria de tradución do Firefox 3.5 ao galego

Venres, 3 Xullo 2009
G11nDesde Mancomún queremos anunciarvos a dispoñibilidade da memoria de tradución do Firefox 3.5 ao galego. A memoria de tradución está no formato estándar TMX e máis nun ficheiro PO de maneira que poida ser usado en calquera programa de tradución que aínda non sexa compatíbel co estándar TMX.

A memoria de tradución (MT) dun proxecto de localización é un produto de valor engadido que permite a reutilización do esforzo da comunidade galega na progresivo perfeccionamento do estilo e do glosario empregados. Mancomún, como aglutinador e coordinador dalgún dos proxectos máis importantes, asumiu ante a comunidade dos axentes de localización o compromiso da liberación do coñecemento/retorno do investimento mediante a publicación de TMX e a xeración de recursos lingüísticos.
Este modelo colaboración foi xa posto en practica antes para roxectos como GNOME 2.16 e está a propiciar un incremento notábel do nivel tecnolóxico e do valor no traballo da comunidade; como efecto positivo colateral permite acadar novas metas (como a incorporación de Fennec, para navegación libre por móbiel, por primeira vez).

Ligazóns de descarga da memoria de tradución:

Ademais, a memoria de tradución do Firefox 3.5 xa se atopa incorporada para consulta desde o Corpus de Mancomún.org, dentro do proxecto Mozilla, para poder facer buscas dentro da tradución existente.

Tamén aproveitamos para facer unhas melloras no Corpus, coas que procuramos optimizar a accesibilidade e a usabilidade do aplicativo web. Unha destas melloras é a incorporación dunha memoria caché para as buscas, de maneira que todas as consultas son almacenadas, e cando se volve executar, o resultado da busca é inmediato. Entre as melloras tamén se inclúe un minibuscador accesíbel na páxina de resultados que mellora en gran medida a comodidade do seu uso. Non hai máis que probalo para comezar a aprecialo.

O acceso ao código fonte con estes últimos cambios xa están dispoñíbeis publicamente tamén no proxecto do Corpus na Forxa de Mancomún.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal