
InSide é un sistema para a xestión de documentos e expedientes electrónicos que cumpre os requisitos para que ambos poidan almacenarse e obterse segundo o Esquema Nacional de Interoperabilidade. Supón a xestión documental integramente electrónica dos documentos na xestión viva do expediente, como paso previo ao arquivado definitivo da documentación nun formato interoperable e duradeiro.
Permite a asociación dos documentos a expedientes, a xestión de índices e tamén a validación e visualización dos documentos e expedientes para o seu uso en papel e mesmo a xestión das firmas de cada arquivo xestionado.
Este pasado 1 de Setembro publicouse unha versión distribuible da aplicación InSide con licenza EUPL. Inclúe un gran número de melloras, algunhas de calado, como a creación dunha interface web de usuario para poder realizar todas as operacións dispoñibles en InSide tamén de forma natural.
O software esta dispoñible para a súa descarga e uso no Centro de Transferencias Tecnolóxicas (CTT). Neste repositorio pódese atopar tamén toda a información ao respecto de InSide dende a guía de instalación ate o manual de usuario.
