Mancomún

Publicada a tradución ao galego do texto legal das licenzas Creative Commons 3.0

Luns, 9 Febreiro 2009

A elaboración das traducións foi iniciativa da Oficina de Software Libre da USC, que contou coa colaboración de Mancomún, David Maetzu e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade compostelá 

USCA Oficina de Software Libre da USC, recollendo o guante lanzado por David Maeztu nas Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC, acaba de completar a tradución do “código legal” da coñecida familia de licenzas Creative Commons.

Estas licenzas estaban xa traducidas ao galego na súa versión “lexíbel por humanos”, mais faltaba por traducir o texto legal que realmente ten validez e é aceptado polo usuario das licenzas. Para garantir a solidez legal e lingüística do texto, a oficina contou ca colaboración de Mancomún, David Maetzu e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

O texto das licenzas traducidas aparecen ligadas a continuación.

Fonte: Oslusc

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal