Mancomún

Publicada a tradución ao galego do xestor de contrasinais KeePass v1.10

Martes, 25 Marzo 2008
Jesús Amieiro acaba de facer pública a tradución ao galego do xestor de contrasinais Keepass Password Safe , na súa versión 1.10.
KeePass é un xestor de contrasinais de código aberto (certificado pola OSI) e gratuíto multiplataforma, onde nunha única base de datos podemos gardar todos os contrasinais que empregamos habitualmente. Encárgase de ‘memorizar’ todos os teus contrasinais, clasificándoos en diversas categorías, con importantes medidas de seguridade . Recordando un único contrasinal ou ben utilizando un ficheiro chave (ou ámbolos dous), teremos acceso ao resto deles.
Podedes:

  • descargar un paquete que só necesita ser descomprimido e está listo para ser executado (en Windows). Esta versión é ideal para empregar nunha memoria USB.
  • descargar o instalador ou un paquete portable (non necesita instalación, ideal para unha memoria USB) e a tradución por separado (de Sourceforge). Só hai que descomprimir o arquivo “Galician.lng” no mesmo directorio no que se atopa o programa “KeePass.exe”, executalo, ir a “View->Change language…” e seleccionar a versión en galego. Tras reiniciar o programa, está listo para ser usado.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal