Era un dos anuncios máis esperados no ámbito da visualización de datos xeográficos na web, a versión 1.0 de biblioteca Leaflet. Para acadar este fito fixeron falta ao redor de 400 cambios dende a versión anterior.
Leaflet é unha biblioteca JavaScript orientada á visualización de datos xeográficos na web, que naceu no ano 2011 e que compite coa outra referencia neste sector, OpenLayers, ámbalas dúas de software libre. Entre outras cousas gaño moitos adeptos grazas ao seu sistema de plugins que lle permite dispoñer de moitas funcionalidades sen deixar de ter un moi bo rendemento.
Este anuncio ven acompañado tamén polo do cambio no ciclo de liberación, a partir de agora haberá unha nova versión cada 2-4 semanas con pequenos cambios, en lugar de como se facía ata o de agora, esperando a ter moitas novas funcionalidades.
