Fai un par de días, o 18 de outubro, presentouse a nova versión de OpenBSD, o sistema operativo da familia UNIX descendente do derivado do UNIX orixinal da Universidade de Berkeley, a Berkeley Software Distribution, BSD, e comezado por Theo de Raadt no ano 1995.
Esta nova versión, a 4.6, chega cunha amplísima lista de melloras e engadidos, que se pode consultar na páxina do anuncio da nova versión, e se pode ver completa nesta ligazón.
Como nas anteriores ocasións, esta nova versión do sistema operativo ven acompañada da súa propia canción orixinal, titulada nesta ocasión "Planet of the Users".
Unha boa nova para os entusiastas do software libre, que sempre ven ben lembrar que non remata con GNU/Linux.
