Mancomún

Publicada Fedora 27

Mércores, 15 Novembro 2017

O día de onte recibiamos a boa nova da publicación dunha nova versión da popular distribución Fedora.

Nada como tal en 2003, logo de que o soporte para Red Hat Linux terminase, evolucionando dende un proxecto comunitario que poñía a disposición software adicional para Red Hat Linux, a versión 27 chega para que poidamos desfrutar de GNOME 3.26, LibreOffice 5.4, co cal poderemos firmar documentos empregando OpenGPG, Firefox 57 e Kernel Linux 4.13.9.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal