Mancomún

Publicado Audacity 2.2.0

Mércores, 8 Novembro 2017

O coñecido software de edición, proceso e grabado de audio, Audacity, publicou recentemente unha nova versión, a 2.2.0. Entre as novidades destacan o redeseño das interfaces, máis sinxelas e mellor organizadas, a capacidade para reproducir arquivos MIDI e novos temas visuais.

Para que a reprodución de MIDI funcione en Linux, é preciso software adicional como TiMidity++, freepats ou pmidi.

Audacity é software libre e multiplataforma, estando disponible para Linux, MacOS y Windows ao abeiro da licenza GPLv2

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal