Mancomún

Publicado DragonFlyBSD 2.2

Xoves, 19 Febreiro 2009

http://mancomun.org/images/stories/dragonfly.png

 Recentemente foi publicada unha nova versión de DragonFlyBSD, a 2.2. A gran novidade desta ocasión é o sistema de ficheiros HAMMER, desenvolvido dentro de DragonFly entre o 2007 e 2008, e que agora se considera xa estábel e listo para contornos en produción.

 

 As melloras introducidas nesta versión inclúen:

  • Unha imaxe DVD, ademais da do CD actual
  • A imaxe de DVD inclúe un servidor X plenamente funcional, e moitos paquetes preinstalados.
  • Dende o propio instalador pódese xa crear unha instalación cun sistema de ficheiros HAMMER

A estas melloras, relativas ao formato do lanzamento, hai que engadir melloras no núcleo, na compatibilidade con hardware, no funcionamento da rede, etc.

Nesta ligazón pódese atopar unha lista dos cambios máis salientábeis.

DragonFly pertence ao mesmo tipo de sistemas operativos  que a BSD ou Linux, e está baseada nos mesmos ideais e API de UNIX. DragonFly toma unha base BSD e permítelle medrar nunha dirección enteiramente diferente das que tomaron FreeBSD, NetBSD, ou OpenBSD.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal