Mancomún

Publicado Firefox 3.6 en galego

Venres, 22 Xaneiro 2010

Logo Firefox 3.6Mozilla anunciou oficialmente onte a dispoñibilidade de Firefox 3.6, unha actualización do seu popular navegador gratuíto e de código libre. Segundo recolle a nota de prensa do lanzamento, esta nova versión é un 20% máis rápida, introduce novas características de última xeración, melloran o rendemento das tarefas cotiás, como o uso do correo electrónico, as redes sociais, etc, ademais de incorporar compatibilidade cunha ampla variedade de estándares web e acceso a máis de 6.000 complementos gratuítos que permiten aos usuarios personalizar o navegador ao seu gusto.

Mozilla Firefox 3.6 pódese descargar de forma gratuíta para os sistemas operativos Windows, Linux e Mac OS X en máis de 70 idiomas, entre os que se inclúe o galego, grazas ao traballo da comunidade de tradución ao galego de Mozilla.

Firefox 3.6 en galego:

Windows MacOSX GNU/Linux

Na web de Mozilla pódese consultar en detalle todas as novidades de Firefox 3.6, descargarse un pdf onde se describen algunhas delas, e mesmo ver un vídeo no que se amosan as novas funcionalidades desta nova versión do popular navegador. A continuación incluímos algunhas das características máis destacadas de Firefox 3.6:

  • Persoas: Permite transformar a aparencia do noso Firefox seleccionando novos temas chamados Persoas cun simple clic e sen ter que reiniciar o navegador.
  • Os nosos complementos sempre ao día: Firefox detectará cales dos complementos que temos instalados están desactualizados para manternos seguros ante potenciais riscos de seguranza ou vulnerabilidades.

  • Completado automático de formularios: Ao cumprimentar un formulario en liña, Firefox proporá datos para cada campo, baseándose nas nosas respostas máis comúns en campos similares doutros formularios.
  • Mellor integración de vídeo e audio en formato aberto: Firefox 3.6 conta coa mellor implementación do mundo do formato de audio e vídeo HTML 5 e agora pode amosar vídeos en pantalla completa.
  • Recoñecemento de novas fontes tipográficas: ademais das familias estándares OpenType e TrueType incorporadas en Firefox 3.5, agora o navegador tamén admite o novo formato Web Open Font , (WOFF).
  • Orientación de dispositivos: Firefox transmite ás páxinas web a información sobre a orientación do equipo.

Firefox 3.6 foi construído pola extensa comunidade de apaixonados colaboradores de Mozilla, incluíndo miles de desenvolvedores con experiencia, expertos en seguridade e comunidades de localización e asistencia, así como centos de miles de avaliadores. Mozilla conta con máis de 350 millóns de usuarios activos, convertendo a Firefox no navegador máis popular desenvolvido por unha organización sen ánimo de lucro.

Se desexa achegar calquera comentario, suxestión, erro … sobre a localización ao galego de Firefox pode facelo a través da lista de coordinación oficial do proxecto en http://galician.mozdev.org.

Fonte: Mozilla

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal