Recentemente anunciouse a publicación da versión 8.0 do sistema operativo FreeBSD, un sistema operativo libre de tipo UNIX. Este lanzamento comeza a nova rama estábel 8, que mellora as funcionalidades de FreeBSD 7.x e ademais presenta moitas novas características.
O proxecto FreeBSD dedicou este lanzamento á memoria de Jean-Marc Zucconi (jmz) e John Birrell (jb), que faleceron en maio e novembro de 2009, respectivamente. "Jean-Marc e John foron ambos contribuidores de FreeBSD dende mediados dos anos noventa, e fixeron grandes contribucións ao sistema operativo. Botaranse en falta", aparece na nota do lanzamento.
Esta versión de FreeBSD está dispoñíbel para as arquitecturas amd64, i386, ia64, pc98, powerpc, e sparc64. Pódese instalar a partir de imaxes ISO arrancábeis ou a través da rede. Algunhas arquitecturas (actualmente amd64 e i386) tamén poden instalarse dende unha chave USB.
Entre as novidades máis destacadas deste lanzamento atopamos:
- Virtualización: Compatibilidade para funcionar como Xen Dom-U, con VirtualBox (tanto como sistema virtualizado como funcionando de base para o sistema), e a aparición de “jails” xerárquicas.
- Compatibilidade con GSSAPI de NFSv3, e de xeito experimental con NFSv4 (cliente e servidor).
- Compatibilidade con redes sen fíos Mesh (redes de mallas “acopladas”) 802.11s D3.03 e tamén con puntos de acceso virtuais.
- ZFS abandona o estado de experimental.
- Reescritura do sistema USB
- Melloras continuas na escalabilidade de SMP, especialmente na área de VFS.
- Revisouse o subsistema da capa de ligazón de rede.
- Compatibilidade experimental coa arquitectura MIPS.
Pódese descargar FreeBSD dende calquera servidor réplica arredor do mundo, como en lquera das seguintes URL:
- ftp://ftp.freebsd.org/pub/FreeBSD/
- ftp://ftp1.freebsd.org/pub/FreeBSD/
- ftp://ftp5.freebsd.org/pub/FreeBSD/
- ftp://ftp10.freebsd.org/pub/FreeBSD/
- ftp://ftp13.freebsd.org/pub/FreeBSD/
No entanto, se estamos interesados en descargar e probar este sistema operativo, podemos probar antes se existe algunha réplica operativa no noso país visitando:
ftp://ftp.<o noso dominio>.FreeBSD.org/pub/FreeBSD
Por exemplo, para o caso de España:
FreeBSD tamén se pode descargar a través de BitTorrent. Nesta ligazón poderemos atopar unha colección de ficheiros .torrent.
