Unha semana máis tarde do inicialmente anunciado, a comunidade KDE anunciou o lanzamento de KDE 4.3 “Caizen”. Desta volta KDE ofrece un produto máis estábel e completo, que vén cargado de melloras, como demostra que nestas versión se solucionara a nada desprezábel cifra de 10.000 erros.
As novidades máis importante coas que conta o KDE 4.3 son:
- Plasma e Kwin comparten agora os seus temas. Tamén e posíbel separar os conxuntos de trebellos de Plasma e os fondos de pantalla para cada un dos escritorios virtuais.
-
Máis efectos visuais, un Krunner máis eficaz e moitos máis complementos para Plasma.
-
O novo tema Air é moito máis lixeiro que o anterior Oxygen.
-
Dolphin amosa agora previsualizacións das imaxes nun cartafol, e permite tamén facer unha mostra de presentacións con todas elas.
-
A plataforma de desenvolvemento KDE é máis estábel e completa agora.
-
Integración con moitas tecnoloxías novas, como PolicyKit e servizos de Xeolocalización.
Despois dos seguintes lanzamentos mensuais de correccións e actualizacións para as traducións de KDE 4.3, agárdase que a versión KDE 4.4 se lance o vindeiro mes de xaneiro de 2010.
Segundo comunicou o coordinador do equipo, Marce Villarino, nunha mensaxe de presentación en Trasno da nova versión, é agora o momento de concentrar o esforzo en mellorar a calidade e robustez do traballo feito, buscando deste xeito antes a estabilidade do contorno de escritorio que a cantidade de cadeas traducidas. De feito nesta versión, recoñécese que a porcentaxe de cadeas traducidas baixou a un moi meritorio 97%.
Mérito que cómpre recoñecerlles aos tradutores de Trasno implicado, sobranceiramente para esta versión a
-
Xosé Calvo: extragear-graphics, kdepim, kdereview, extragear-network, kdenetwork, playground-pim e kdeplatform
-
Manuel A. Vázquez: kdeedu/kalgebr, kdemultimedia.
-
Miguel Branco: kdenetwork, koffice, playground-multimedia, extragear-
multimedia/amarok, kdeedu (kalzium, kturtle, marble) e
kdebase/plasma_engine_weather -
Marce Villarino: Revisión ortográfica do playground, kdeaccesibility,
kdeadmin, kdeartwork, kdebase, kdelibs, kdepimlibs, qt e kdsdk (en marcha).
Con todo, o equipo de galeguización de KDE estará encantado de recibir máis axuda de voluntarios. A páxina de coordinación de KDE ao galego forma parte do Proxecto Trasno.
