O pasado 30 de xuño anunciouse a publicación de Linux Mint 18. Esta versión ten soporte a longo prazo ata 2021 e vén con software actualizado que trae melloras para facer a contorna de usuario aínda máis cómoda de usar.
Dende a propia nota de publicación da nova entrega pódese acceder ás ligazóns para descargar as diferentes ISO. Para un maior detalle acerca da nova entrega pódense consultar as notas da versión para Linux Mint 18 Cinnamon.
![]()
