Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Abril

Mércores, 5 Abril 2017

Xa está publicado o número 33 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Abril.

O proxecto destacado este mes é Sentilo, unha plataforma de software libre deseñada para integrarse en proxectos de Smart City e ser o motor central que permite conectar a información proporcionada por unha rede de sensores cos servizos tecnolóxicos que se poñen a disposición do cidadán.

Por outra banda no apartado de novas, destaca a entrega de premios Sharing and Reuse da Unión Europe, no que resultaron galardoadas 4 solucións españolas, entre as que se atopa por exemplo gvSIG, o Sistema de Información Xeográfica da Generalitat Valenciana, que foi protagonista dun dos nosos Artigos Tecnolóxicos.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal