Xa está publicado o número 57 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Abril.

O proxecto destacado deste mes é X-Road, unha solución de capa de intercambio de datos deseñada para as administracións públicas.
No apartado de novas destacamos a publicación por parte da Amtega do seu arquetipo de aplicacións web, a publicación dun artigo sobre ferramentas multimedia, os eventos que decorrerán en Galicia proximamente como a Akademy-es en Vigo ou o GPUL Labs na Coruña.
Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.
Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.
