Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Marzo

Mércores, 14 Marzo 2018

Xa está publicado o número 44 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de marzo.

O proxecto destacado deste mes é Joomla!, un dos sistemas xestores de contidos máis empregados para o desenvolvemento de portais web con soporte para multiplos idomas, SEO e SEF integrado, xestión de usuarios… É unha ferramenta que como vemos nos casos de éxito expostos se emprega con frecuencia nas administracións públicas para o desenvolvemento de portais diversos.

No apartado de novas destacamos que a Amtega publicou como software libre o seu arquetipo corporativo, o goberno letón comprométese cos datos abertos, o comezo do programa GSoC e Coruña Hacks.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal