Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Xaneiro

Luns, 15 Xaneiro 2018

Xa está publicado o número 42 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xaneiro.

O proxecto destacado deste mes é GitLab, unha ferramenta web de forxa, que permite realizar tarefas de control de versións, seguimento de incidencias, revisión de código e integracións continua axudando así ao desenvolvemento colaborativo de proxectos. GitLab é unha solución que é empregada por moitas entidades para o seu control de versións, como por exemplo polo CERN, LRZ, CiTIUS e a Amtega.

No apartado de novas destacamos que a Amtega colaborou co proxecto Ansible, a cidade de París fomenta o software libre o goberno de España publicou o código fonte da plataforma de datos abertos e que a Unión Europea financia a solución de bugs de VLC.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal