O portal de datos abertos da Cidade de Málaga, lanzado en agosto de 2013, foi publicado para atender os obxectivos de cumprir as directivas sobre reutilización de datos do sector público e o deber de compartir información útil e estruturada para os cidadáns e empresas.
O portal, baseado en CKAN de código aberto, dispón de modificacións particulares que agora están a disposición pública. Exemplos de estas novas funcionalidades son a capacidade de busca corporativa, e a xeración de datos extras no dispoñibles en CKAN por defecto. Todo estas contribucións de software están agora dispoñible na plataforma GitHub para seren reutilizados libremente.
Ademais das funcionalidades internas comentadas arriba, tamén adaptouse o software á API de federación do catálogo de datos para o Catálogo Nacional de Datos Abertos (datos.gob.es). De xeito que, se un usuario busca por datos en datos.gob.es, o sistema nutrirase da información tamén provista polo porta de datos de Málaga. Para iso, foi necesario facer un desenvolvemento adicional que permitiu federar nosos recursos.
A API deseñada para producir tales resultados, está tamén incluída no paquete de software mencionado e dispoñible en GitHub.
O portal de datos abertos da cidade de Málaga foi a primeira entidade federada utilizando CKAN e agora outras cidades están reutilizando este software para a súa propia federación.
Actualmente, Malaga Open Data é a cuarta entidade española coa meirande parte de recursos dispoñibles en datos.gob.es.
