Xa está publicado o cuarto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Setembro. O proxecto destacado neste mes é NextCloud, unha solución de almacenamento e compartición de ficheiros na nube. NextCloud é unha alternativa á ownCloud, que naceu precisamente das mans do creador desta solución na súa búsqueda por ter un producto de software libre máis puro no que fose máis sinxela a colaboración por parte da comunidade.
No apartado de novas recopilamos dous eventos moi interesantes que terán lugar o vindeiro mes de Outubro, un hackatón relacionado con mobilidade sostible, e un seminario sobre licenciamento de proxectos como software libre, no que se falará de modelos de negocio e de como dende o punto de vista dunha empresa se lle pode sacar rendimento á liberación dun producto.
Boletín Software Libre na Empresa
Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.
Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.
