Mancomún

Publicado o programa da Akademy-es

Luns, 16 Novembro 2020

Como contamos nunha nova previa, o próximo fin de semana terá lugar o encontro da comunidade KDE española chamado Akademy-es, nesta ocasión co formato en liña.

A asociación KDE España, organizadora do evento, ven de publicar o programa de todas as actividades que terán lugar o venres 20, sábado 21 e domingo 22, contando con diversas charlas tanto de desenvolvedores ou calquera tipo de colaboradores de KDE, como de persoas ligadas dalgún xeito ao software libre.

O programa está dispoñible na páxina web do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal