Mancomún

Publicado o xestor de colas Ateneo no CTT

Xoves, 20 Abril 2017

Dispoñible para o seu uso na Administración Pública o sistema de xestión de colas Ateneo desenvolvido pola AEAT.

Unha vez xestionadas as licenzas pertinentes, grazas á axuda e apoio xurídico inestimable Joinup, lánzase esta solución para a xestión de colas desenvolvido pola Axencia Tributaria e bautizada co nome de Ateneo. No directorio de descargas da solución Ateneo no CTT están dispoñibles tanto o código como os arquivos de instalación, así como a documentación necesaria para a configuración e implantación e a súa licenza (Licenza Pública da Unión Europea V.1.1 EUPL © Comunidade Europea 2007).

Ateneo é unha aplicación para a asistencia ao usuario adaptable a diferentes ámbitos de traballo a través do uso eficaz e flexible de xestión de colas e obtención de información sobre a actividade.

Busca mellorar a satisfacción e confort durante as xestións dos usuarios e mesmo dos xestores implicados na xestión, introducindo ferramentas de análise e control de servizo. A aplicación pode ser usada en todo tipo de organizacións e pode ser adaptado mediante configuración para as necesidades particulares de cada servizo.

Máis información sobre a solución Ateneo na CTT: http://administracionelectronica.gob.es/ctt/ateneo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal