Esta versión, tal como din na nota de lanzamento , non representa o producto final. Algunhas das características (que logo veremos) son aínda moi experimentais, e seguramente cambien antes da versión final. Pode que teñan bugs, e potencialmente poderían causar perdas de datos nos perfiles(datos de configuración, preferencias, e no correo descargado). Recoméndase que non se use o Thunderbird 3 beta1 nun contorno de produción.
Aquí vai unha lista de características e melloras que se poden atopar nesta primeira beta:
Thunderbird 3 Beta 1 está baseado na plataforma Gecko 1.9.1, que tivo máis de 10,000 actualizacións, incluíndo grandes cambios na arquitectura para mellorar o rendemento, a estabilidade e a facilidade para o mantemento do código.
Hai máis de 750 cambios nesta liberación, moitos deles traballo de base para cambios futuros. Algúns cambios salientables son:
Melloras na experiencia de usuario
-
Separadores
Os correos, carpetas e calendarios (instalando a extensión Lightning) poderanse abrir en diferentes separadores.
-
Vista de lectura de correos mellorada
Esta é a primeira fase dunha serie de melloras na experiencia de lectura do correo.
-
Novo xestor de complementos
O novo xestor de complementos (Ferramentas > Complementos) poderase empregar para atopar, descargar e instalar complementos, incluindo Extensións, Temas e plugins. Hai que ter en conta que hai poucos complementos que sexan compatibles con esta beta, dado que os desenvolvedores teñen todavía que actualizalos.
-
Axenda de enderezos mellorada
Se alguén está na túa axenda, verás unha icona en forma de estrela na que podes pinchar para editar os detalles do contacto. Se non está na túa axenda, poderás engadilo pulsando na icona. Incluso hai un novo campo “aniversario” que che permitirá ter conta dos aniversarios dos teus amigos.
Melloras no rendemento
-
Carga máis rápida de mensaxes empregando IMAP
Thunderbird descargará as mensaxes nun segundo plano, o que permitirá unha carga máis rápida. Esta característica poderase habilitar en cartafoles por separado, ou en tódos os cartafoles dunha mesma conta.

