Mancomún

Publicado un novo manual para o manexo da ferramenta libre Scribus

Martes, 28 Xullo 2009

ScribusO Instituto de Máquina Herramienta-IMH de Guipúzcoa ampliou recentemente o seu repertorio de manuais, accesíbel para todos os internautas a través da web, cun curso de uso da ferramenta de software libre para maquetación e autoedición dixital, Scribus. Este manual súmase ao doutros aplicativos libres xa dispoñíbeis neste mesmo sitio como o de Gimp, Hylafax ou OpenOffice.org.

O curso está publicado baixo a licenza Creative Commons ShareAlike e é obra de Koro Gabiola, autor tamén da meirande parte dos manuais publicados polo Instituto. Este documento, seguindo a liña do seu autor, aborda, a través dunha exposición clara e accesíbel, todas as funcionalidades do aplicativo orientadas a un uso básico deste. Está dispoñíbel na rede nesta ligazón. O Instituto de Máquina Herramienta-IMH é un centro de formación e innovación tecnolóxica ubicado en Guipúzcoa e orientado á prestación de servizos á industria e á comunidade en xeral, a través da formación técnica e da difusión tecnolóxica.

O Scribus está traducido ao galego desde a súa versión 1.2.x grazas ao traballo realizado por Xosé Calvo en colaboración con Manuel Anxo Rei.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal