Mancomún

Publicado WordPress 2.9

Mércores, 23 Decembro 2009

Recentemente publicouse a versión 2.9 do coñecido sistema xestor de contidos para blogs WordPress, á que se lle deu o nome de “Carmen”, en honor da cantante de Jazz Carmen McRae.WordPress

Esta nova versión ten como características máis destacadas as seguintes:

  • Característica global de “desfacer” (“papeleira”). Isto significa que se, accidentalmente eliminamos unha entrada do blog, ou un comentario, poderemos recuperalo. De paso, elimínanse todas esas mensaxes de “Está seguro?” que aparecían ao borrar calquera elemento.
  • Editor de imaxes integrado, que nos permitirá recortar, editar, rotar, voltear, e redimensionar imaxes . Esta é a primeira dunha serie de melloras na xestión de medios que están planeadas.
  • Actualizacións de plugins por lotes, e verificación de compatibilidade
  • Incrustado de vídeos máis sinxelo, que permitirá pegar simplemente unha URL e esta converterase maxicamente no código de incrustación apropiado. Conta con compatibilidade Oembed para YouTube, Daily Motion, Blip.tv, Flickr, Hulu, Viddler, Qik, Revision3, Scribd, Google Video, Photobucket, PollDaddy, e WordPress.tv (e haberá máis nas próximas versións).

O resto de melloras, así coma a nota orixinal da publicación desta versión, poden verse na seguinte ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal