Mancomún

Publicado Zimbra Collaboration Suite 6.0

Luns, 5 Outubro 2009
ZimbraZimbra Collaboration Suite, a coñecida plataforma de colaboración mercada por Yahoo! Inc. no ano 2007, acaba de presentar a súa versión 6.0. Pódese conseguir a edición Open Source dende a zona de descargas do apartado Community da súa web.

Nesta nova versión podemos atopar as seguintes melloras:

  • Unha nova vista de tres paneis horizontais coas mensaxes á dereita
  • Agora hai separadores para mensaxes individuais así como para a páxina de redacción
  • Acceso aos documentos e ao maletín dende o cliente HTML estándar

  • Capacidade para executar filtros de correo existentes sobre os contidos dun cartafol
  • Melloras no manexo de conflitos no recurso de auto-aceptar ou auto-declinar do calendario
  • Vista “gran angular” no calendario, xa dispoñíbel en Zimbra Desktop
  • Actualización automática de fontes RSS e de eventos ICS programábel
  • Listas negras e brancas por usuario mostradas na área de preferencias de correo
  • Revisións no cliente web para móbiles, incluíndo unha páxina de inicio de sesión, melloras na creación de citas, e seis novas variantes, baseadas no tipo de dispositivo e na velocidade da conexión

Hai moitas máis melloras e novas características, podéndose consultar nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal