Na web do Premio ao mellor PFC con Software Libre 2008/2009 acaban de darse a coñecer os finalistas da terceira edición do mesmo.
Achégase pois, un ano máis, a fase final deste premio na que se consolida a participación á vez que se mantén a calidade dos participantes.
Os 9 finalistas, pertencentes ás tres facultades de informática de Galicia, son:
- Manuel Ángel Abeledo: Servidor de intercambio de datos.
- Nieves Fernández: Biblioteca de manexo de diccionarios.
- Sergio Fustes: JavaCK: ferramenta de creación de Sistemas Expertos.
- Jorge López: XAS: sistema de autenticación extensible.
- Carlos López: UGABI: xestor de ancho de banda inarámico.
- Xurxo Méndez: Xogo multixogador para dispositivos móviles.
- Sergio Padín: Aplicación de xestión das actividades dun hotel.
- Sabela Ramos: Biblioteca de primitivas colectivas de paso de mensaxes en sistemas multi-core.
- Javier Terceiro: Ferramenta de meta-administración centralizada de equipos.
O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro martes 17 de Novembro, ás 16:30, no Salón de Grados da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense co seguinte programa:
- 16:30 – Benvida: presentación dos anfitrións, organizadores e xurado.
- 16:45 – Presentacións dos finalistas.
- 19:00 – Avaliación e entrega de premios.
Fonte: Premio ao mellor PFC con SwL
