Mancomún

Publicados os gañadores dos premios ao mellor software libre de Portal Programas

Venres, 31 Outubro 2014

Cartel dos gañadores dos premios PortalProgramas.comDende PortalProgramas anunciaron esta semana a lista de gañadores da VI edición dos premios ao mellor software libre de 2014. Segundo os datos proporcionados pola organización, este ano foron nomeados aos premios un total de 100 programas nas 10 categorías dispoñibles.

Dende PortalProgramas afirman que como noutros eventos e actos relacionados co software libre, o gañador real é o propio software libre xa que se pon de manifesto o interese desta comunidade e usuarios. Dunha forma ou outra en cada certame o software libre avanza.

Os gañadores das 10 categorías son:

  • Mellor software libre para móbil: Orbot Proxy con Tor
  • Mellor blog de software libre: DesdeLinux
  • Software libre máis popular: Ubuntu
  • Software libre máis revolucionario: GNU Health
  • Software libre con maior potencial de crecemento: Stacksync
  • Software libre esencial para a Web: jQuery Framework
  • Software libre esencial para a tecnoloxía: Stacksync
  • Software libre esencial para a comunicación: VLC media player
  • Software libre esencial para redes de comunicación: Nagios
  • Software libre esencial para empresas: Stacksync

Como comentamos cando se abriu o prazo de nominacións, unha das principais novidades deste ano eran os cambios no sistema de votacións, xa que se incorporaba un xurado independente que outorgaría unha puntuación de 0 a 10 a cada un dos 5 finalistas escollidos polos usuarios do portal. Ademais os usuarios do portal este ano só podía emitir un voto por categoría.

O xurado estivo composto polos seguintes membros:

Todos os cálculos para fusionar a votación dos usuarios coa votación do xurado foron realizados por Rocío Aguilar Caro, profesora asociada do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Poden descargarase as follas de Calc con todos os datos do cálculo dos gañadores.

Proxectos clasificados nos 3 primeiros postos por cada categoría

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal