Mancomún

Publicados os informes sectoriais do uso do SwL en Galiza

Luns, 14 Abril 2008

Software libre nas entidades- 2007Dentro das actividades de observación levadas a cabo por Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza destaca o estudo sobre o nivel de implantación do Software Libre na nosa comunidade. Este estudo abrangue catro ámbitos ben diferenciados: concellos, os centros de ensino non universitario, a PEME e a PEME TIC. 

Hai algo máis dun mes publicamos o informe comparativo entre estes catro ámbitos, que nos daba unha boa idea da evolución ocorrida nestes dous últimos ano no uso do Software Libre en Galiza. Nos resultados dese informe percibíase que o aumento do uso do SwL nestes dous anos é unha constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores.

Como xa comentamos entón, o máis destacable é a evolución da PEME onde se duplica o uso do SwL e dos Centros de Ensino onde se triplica. A esta evolución únese, por unha banda, que as entidades que usan o SwL están moi satisfeitas co seu uso de maneira que llo aconsellarían a outras entidades e, por outra, que a previsión de uso futuro é claramente positiva.

Hoxe publicamos na sección do Observatorio os catro estudos individuais de cada sector nos que se presentan con maior detalle os resultados de cada un deles.

Informe do uso do SwL na PEME
Informe do uso do SwL na PEME TIC  
Informe do uso do SwL nos Centros de Ensino
Informe do uso do SwL nos Concellos

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal