O pasado mes de novembro, GALPon organizou un curso de Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres de 20 horas de duración, cunha excelente acollida na comunidade universitaria xa que as prazas dispoñibles cubríronse rapidamente.
Todas aquelas persoas que non puideron asistir a este curso teñen agora a oportunidade de ver os vídeos das distintas sesións formativas do mesmo, posto que, segundo informan dende GALPon, xa están dispoñibles a través da plataforma Uvigo.tv as gravacións realizadas durante o curso.
Trátase dunha colección de 13 vídeos:
- Virtualización con VirtualBox – 2 vídeos
- Configuración avanzada de redes en GNU/Linux. Utilización avanzada de OpenSSH – 3 vídeos.
- Asterisk e VoIP – 2 vídeos.
- Sistemas de copias de seguranza – 3 vídeos.
- Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal – 3 vídeos.
Estes vídeos son gravacións en directo na aula, nos que se pode seguir ao máximo detalle, grazas a unha excelente realización técnica de uvigo.tv, toda a exposición dos poñentes/profesores.
Nste momento están dispoñíbeis só na propia plataforma da Universidade e en formato .flv en GALPon agardan telos dispoñibles en breve en formato aberto .ogg/.ogv accesibles dende os seus propios servidores.
Esta actividade formou parte das actividades que a asociación GALPon desenvolveu durante o ano 2010 ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
Fonte: GALPon
