Mancomún

Publícase o segundo número de Xeración Ñu

Luns, 2 Xullo 2018

Hai un tempo anunciamos en Mancomún o nacemento da publicación dixital galega da cultura libre, “Xeración Ñu“.

Nesta edición, tal como nos contan na editorial ampliaron os colaboradores, contando neste número cunha decena de artigos e unha mostra de debuxos e fotografías libres.

Os artigos deste novo número, teñen varias temáticas, todas elas relacionadas dunha ou doutra forma coa cultura libre, como pode ser a xeomática libre e colaborativa que conta con dous artigos sobre OpenStreetMap nesta edición; a música libre, onde nos introducen un secuenciador profesional de batería libre; os proxectos de Wikimedia, como a Wikipedia; un artigo reflexionando sobre o rooteo de dispositivos con Android; un artigo sobre a analítica de datos e Open Data ou un artigo dunha serie de artigos nos que destacan e dan a coñecer persoas ou colectivos que axudan na difusión da cultura libre, que nesta ocasión se centran en Paco Estrada que foi premiado no Open Awards 2018 polo seu traballo de “Compilando Podcast“.

Podedes ver o novo número en galego ou en castelán.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal