Mancomún

pvbrowser, visualizador de datos de SCADA

Mércores, 11 Marzo 2009

SCADA, acrónimo de Supervisory Control and Data Acquisition, é dicir, rexistro de datos e control de supervisión, é un tipo de aplicativo de software deseñado para funcionar sobre computadores no control de produción, proporciona comunicación cos dispositivos de produción e fornecendo a diversos usuarios encargados do control de toda a información que se xera no proceso produtivo.

Pvbrowser é unha aplicación SCADA multiplataforma (Windows, Linux, Mac OS X) que pode ser comparado cun navegador de Internet, só que en vez de visualizar páxinas HTML estáticas pode manexar contido dinámico dun SCADA, entre outras posibilidades.

Na páxina do proxecto podedes atopar un manual parcialmente traducido para poder familiarizarvos con el:
http://pvbrowser.de/pvbrowser/doc/manual/es_index.html

e no seguinte gráfico explícase o principio de traballo dunha ferramenta SCADA…

 

pvbrowser

Outros aplicativos que tamén poden ser de interese poden ser:

Outras ligazóns de interese sobre SCADA e software libre onde tamén poderedes atopar outros aplicativos:

http://linuxscada.info/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal