Nesta ocasión, a reunión do grupo de Python Vigo, vai ter lugar no local da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa 2, no centro de Vigo.
Localización
Será o próximo xoves día 16 de maio, ás 20:00.
Programa de actividades
– Charla: ” Operator Overloading” por David de la Iglesia.
Charla acerca da sobrecarga de operadores da man de David de la Iglesia, organizador do grupo VigoBrain.
– Lightning Talks: Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
