Mancomún

Python Vigo terá a última reunión de ano o xoves 20

Mércores, 19 Decembro 2018

O grupo de Python Vigo leva uns anos realizando reunións periódicas nas que teñen lugar diversas charlas, obradoiros e actividades de networking, no portal de Mancomún xa temos publicado varias destas convocatorias e incluso o convite a realizar propostas para as charlas das súas reunións.

Para despedir o ano, organizan a súa última reunión deste 2018, na cal David Lorenzo impartirá unha charla introdutoria sobre Micropython e como usalo en dispositivos ESP32 e como ven sendo habitual tamén haberá charlas curtas nas que calquera dos asistentes contará con 5 minutos nos que poderá realizar a súa intervención relacionada con Python.

A reunión terá lugar o xoves 20 ás 20:00 horas no Coworking Kaleido, para máis información pódese visitar a nova na súa páxina.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal