Mancomún

'Q' DVD-Author chega á súa versión 1.0

Luns, 31 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/qdvd.jpg‘Q’ DVD-Author, programa de creación de DVD acaba de chegar á versión 1.0 final. Con esta versión, o autor do programa ven de corrixir unha gran cantidade de pequenos erros ademais de incluír máis funcionalidades.

‘Q’ DVD-Author realmente é unha interface gráfica para o programa dvdauthor e outras ferramentas máis que permite dunha maneira sinxela a creación de DVD con menú, presentación de diapositivas, vídeos, incluír subtítulos,  música de fondo, etc.

Ademais o programa ‘Q’ DVD-Author está dispoñible para a súa tradución no Entrans de Mancomún, na seguinte ligazón:
‘Q’ DVD-Author no Entrans

O estado actual do proxecto é que está validado un 27% da tradución, un 19% está pendente de revisar e falta por traducir un 54%.

 

A lista de cambios:

  • Arranxada un erro coa ventá de creación de presentación de diapositivas.
  • Actualizado con dvd-slideshow 0.8.0
  • Implementada unha nova funcionalidade de ‘micro’ botóns.
  • Mellorado a ventá para xestión de subtítulos para poñer todos os subtítulos nun só grupo.
  • Arranxados diversos erros menores.

Máis información na páxina do proxecto en SourceForge:
http://qdvdauthor.sourceforge.net/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal