Os científicos necesitan frecuentemente unha ferramenta de análise e representación de datos. QtiPlot é unha alternativa en Software Libre a este tipo de programas, sendo unha moi boa alternativa a software privativo, como o Origin. Ademais, e ao contrario que o software privativo deste tipo, QtiPlot é multiplataforma (GNU/Linux, Windows e Mac OS X).
QtiPlot pode ser usado no ensino, como ferramenta de análise e visualización de datos complexos e o seu uso estase espallando entre empresas, universidades e institutos de investigación ao mesmo tempo que se continúa activamente no seu desenvolvemento…
Máis información na páxina web do proxecto:
http://soft.proindependent.com/qtiplot.html
