Que distribución Linux é a máis axeitada para min? Esta é unha pregunta moi frecuente entre os usuarios que se dispoñen a instalar unha nova distribución de Linux no seu computador, xa que existe unha cantidade inmensa de distribucións, cada unha coas súas características particulares que as diferencian das demais. Pois para axudar a tomar unha decisión acertada TechRadar acaba de publicar un interesante artigo, no que fai un desglose das distintas opcións coas que contamos, para así poder dar resposta a esta pregunta, tendo en conta as posibilidades que as múltiples distribucións Linux ofrecen, segundo para que usuario son, ou para que computador, ou o nivel de coñecementos do usuario (principiante, experto, ofimático, xogador, etc).
Fan unha completa descrición das múltiples variantes de Linux, dando tamén resposta as preguntas máis frecuentes realizadas polos usuarios, distribucións de 32 bits ou de 64?, funcionará no meu computador?, etc.
As conclusións máis salientábeis deste artigo son as seguintes:
-
Destacan que Ubuntu sería a mellor opción para os principiantes, sobre todo pola gran compatibilidade e pola comunidade coa que conta esta distribución.
-
Para os que acaban de migrar de Windows a Linux, a opción máis axeitada sería Linux Mint.
-
Para os nenos, a distribución preferida é Qimo, xa que conta con un gran surtido de aplicativos e funcións para nenos, coma filtrados de webs e programas educativos.
-
Arch Linux debido ao seu gran control é a escollida para administradores de rede.
-
No caso dos programadores, es sobre todo se traballan con linguaxes coma Perl e Python, a escollida é Mandriva 2009, por contar con numerosas ferramentas para o seu desenvolvemento.
-
Se o que necesita o usuario é configurar o seu computador coma un servidor, TechRadar recomenda Cent OS, xa que esta distribución posúe gran cantidade de programas con interface gráfica para realizar tarefas administrativas.
-
Para os esixentes coa edición musical teñen 64 Studio coma referencia.
-
Está moi estendida a crenza de que Linux non é o sistema operativo para os amantes dos videoxogos, no entanto Live.linux-gamers preséntase coma unha boa alternativa aos sistemas privativos.
-
Necesitas gran compatibilidade multimedia? pois a distribución máis axeitada é MythUbuntu.
Despois de botarlle unha ollada a este artigo, para saber cal escoller, só nos queda preguntarnos, cales son as miñas necesidades?
Fontes:
