Derivados dos traballos de galeguización dos aplicativos da suite Mozilla, atopámonos cunha nova extensión de ficheiro: os .mar, dispoñíbeis para descarga desde os FTP de Mozilla.
Un ficheiro .MAR (Mozilla Archive) é un tipo especial de ficheiro usado polo sistema de actualizacións automática dos produtos Mozilla
Por que non usar ZIP ou algún formato estándar?
Segundo explican no wiki de Mozilla, “esta cuestión xa foi considerada e decidiuse finalmente optar por un formato de ficheiro propio xa que sería máis doado escribir código novo para darlle soporte a este formato que modificar o existente (libjar). Máis aínda, o sistema de actualizacións tampouco necesita un formato de ficheiro estándar. Os elementos almacenados son diffs de ficheiros binarios comprimidos en bzip2 polo que se podería descomprimir o ficheiro usando ferramentas estándar.”
Máis detalles a continuación sobre o formato do ficheiro…
|
FICHEIRO MAR ESTRUTURA HEADER 4 bytes : "MAR1" INDEX 4 bytes : size of INDEX in bytes (big endian) INDEX_ENTRY 4 bytes : offset in bytes (big endian) relative to start of file The flags field is used to store file permission bits (in the standard unix-style format). |
