No campo do softphone o aplicativo de referencia hoxe por hoxe é Skype, o cal ten licenza privativa. Pero hai alternativas no software libre que non lle teñen nada que envexar. Unha desas alternativas é QuteCom, anteriormente coñecido como WengoPhone, que conta con licenza GPL.
QuteCom está deseñado baixo o protocolo VoIP, que permite a comunicación non só mediante mensaxes instantáneas senón tamén con chamadas e vídeos. Segundo o receptor pódense facer chamadas gratuítas dependendo do receptor. As chamadas dun computador a outro son totalmente gratuítas, en cambio a teléfonos engaden un custo.
A súa interface gráfica é moi parecida á de outros aplicativos de mensaxería instantánea con MSN Messenger ou Yahoo! Messenger. Permite ter conversacións de mensaxes instantáneas con usuarios do mesmo software e tamén con calquera outro softphone que respecte o estándar SIP, como poden ser Gizmo ou Google Talk.
As principais características deste aplicativo son:
-
Softphone SIP con audio e vídeo
-
As funcionalidades de mensaxería instantánea engaden compatibilidade con Jabber/Google Talk, AIM/ICQ,MSN e Yahoo
-
É multiplataforma, está dispoñíbel para GNU/Linux, MacOSX e Windows
-
Funciona a través de NAT, engadindo compatibilidade con STUN e proxy HTTP
-
Capacidade de transferencia de ficheiros
-
Emprega libgaim de Gaim para permitir a interoperabilidade con varios protocolos de mensaxería instantánea.
-
Emprega SRTP con cifrado predeterminado AES 128
-
Dispoñíbel en 13 idiomas
Fonte: bytecoders.homelinux.com
