Radicalcodex é unha aplicación que permite xestionar, visualizar e exportar as versións electrónicas ou dixitais dos teus libros ou comics (ou ebooks , libros-e, …). Para a lectura destes libros electrónicos disponse do que se deron en denominar os dispositivos de e-book.
Hai moitos dispositivos para a lectura e case todos teñen unhas características básicas moi similares: movilidade, autonomía, pantallas con dimensiones suficientes para mostrar documentos tradicionais (A4 ou A5), alto nivel de contraste, etc…
Actualmente Radicalcodex é compatíbel cos seguintes formatos de ficheiros e pode usarse sen a necesidade dun dispositivo electrónico destas características, directamente desde un PC con GNU/Linux instalado.
Coa aplicación poderemos acceder a libros-e nos seguintes formatos:
- libros-e en formato txt ou pdf
- comic books en formato cbr, cbz, zip ou rar.
