Raptor é un novo menú de sistema para KDE centrado principalmente na usabilidade e deseño visual. A idea do menú Raptor non é ser o menú definitivo, senón que o que fai é recompilar un montón de ideas de todos os menús de escritorio existentes tentando agrupar o mellor de cada un.
O menú Raptor incluirá (aínda non inclúe todas as funcionalidades xa que se atopa en fase de desenvolvemento):
- Base de datos de uso
- Un só panel
- Unha nova estrutura baseada nas accións do usuario (TOM, menú orientado a tarefas)
- Favoritos máis accesible
- Un mellor uso da descriciónda aplicación
- Configurable para axustarse ás necesidades de usuario.
- …
Expoñeremos brevemente os pasos para instalar Raptor:
Dependencias:
- KDE4 Development Packages, que inclúen kdebase e kdelibs versión 4.
- Qt 4.4 ou superior
- Cliente svn
- CMake
Obter o código fonte e compilar:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/playground/base/raptormenu/
cd raptor
mkdir build
cd build
cmake ../
make
make install
Executar:
raptor-menu
