Mancomún

Raspberry Pi OS chega con Chromium 84 mellorando a reproducción de vídeo

Mércores, 16 Decembro 2020

A versión de decembro da Raspberry Pi OS chega con Chromium 84 e outras importantes melloras.

Novidades destacadas:
– Incorpora Chromium 84, mellorando a reprodución dos vídeos en servizos como Youtube, Google Meet, Microsoft Teams ou Zoom.
– Pasa a usar PulseAudio como servidor de son.
– Melloras na configuración de impresoras.
– Melloras na accesibilidade co novo soporte para Orca, e melloras do son no lector de pantalla co paso a PulseAudio.
– Novas opcións na ferramenta de configuración (configuración do LED da Raspberry Pi 400).

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal