Como vos contabamos hai un tempo, GALPon está a organizar os Sábados Libres na Altamar, en colaboración coa Asoc. Xuvenil Altamar e grazas á cesión de espazos por parte da Residencia Altamar.
O vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 10:00 horas terá lugar a segunda destas xornadas: RaspberryPi, outro concepto de computador.
Nesta xornadas comezarase por facer unha presentación da plataforma RaspberryPi para logo amosar diferentes proxectos que se poden desenvolver con ela, como a creación dun Cluster de computación con varias RaspberryPi, a instalación dun NAS e a instalación dun centro multimedia en RaspberryPi.
A participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral. Mais en previsión dun exceso de aforo que dificultaría o seguimento do obradoiro, é imprescindible formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións. Agradecen tamén que aquelas persoas que se inscriban que o indiquen na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»
Podedes ver a programación completa (e as actualizacións que puideran producirse) no wiki da xornada
- Introdución: Poñentes: Guillermo Cordeiro e Miguel Bouzada, socios de GALpon
- Presentación da plataforma, diferencia de versións
- Uso básico de RaspberryPi, Raspbian e Pidora
- Achegamento a Android Pi e ArchLinux
- Tema 1: Creación dun Cluster de computación con varias RaspberryPi . Poñente: Xabier Villar, socio de Inestable
- Tema 2: Instalación dun NAS «OMV» en RaspberryPi . Poñentes: Miguel Bouzada e equipo MiniNo
- S.O. base
- Alixeiramento do S.O. base
- Instalación de OpenMediaVault
- Tema 3: Instalación dun Centro multimedia en RaspberryPi. Poñente: aínda sen decidir por cambio de última hora
I Xornada: Programación de Arduino
O pasado sábado 25 de maio celebrouse a primeira das Xornadas Sábados Libres na Altamar con gran éxito de público. Segundo informa a OSL do CIXUG, participaron máis de 30 inscritos así como algúns en calidade de oíntes.
Como mestre de taller, as explicacións de Guillermo Cordeiro convenceron e axudaron a moitos dos que xa levaban tempo estrebillando co Arduino, quen pola súa parte os animou a profundar máis e a xogar co Arduino como fonte de entretemento e diversión, así como a participar na comunidade galega, a través dos dous grupos que existen en Galicia de interesados neste campo con tanto futuro:
* Arduino Galicia: https://groups.google.com/forum/?fromgroups#!forum/oshw-gl
* Open Source Hardware Galicia: https://groups.google.com/forum/?fromgroups#!forum/oshw-gl
Con Arduino é posible facer proxectos interesantes como por exemplo algúns dos que se comentaron nas propias xornadas:
- http://blog.bricogeek.com/
- http://www.instructables.com/tag/type-id/category-technology/
- http://hackaday.com/
- http://dangerousprototypes.com/
- http://blog.makezine.com/
- http://blog.arduino.cc/
- http://www.adafruit.com/blog/
- http://www.open-electronics.org/
Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
