Mancomún

Rastrexa o teu computador roubado con Prey

Xoves, 25 Xuño 2009

PreyPrey é un aplicativo moi simple, que en caso de que che rouben o computador permite localizalo, sempre e cando o ladrón se conecte á Internet e non formate o disco duro.

Prey envía ao teu correo un completo informe, que che indica onde está conectado o computador, qué rede está empregando, os programas en execución e os arquivos que fosen modificados. Hai que destacar que incluso envía unha captura de pantalla do escritorio, e se o computador conta con cámara web, como é o caso de moitos portátiles, envía unha foto coa cara do amigo do alleo que ten o teu computador.

Para que este aplicativo che mande todo isto, podes empregar unha URL, ou advertilo remotamente, no momento que botes en falta o teu computador. Prey pode e debe configurarse, para que funcione sempre que o computador estea acendido, para que non dependa dunha sesión activa de usuario para funcionar.
Este aplicativo que está dispoñíbel para Mac, GNU/Linux e Windows, creouse como broma baixo unha licenza SRTCRMCUC, que quere dicir "Se Recuperas o Teu Computador Robado Me Compras Unha Cervexa" pero, oficialmente, conta coa licenza GPL v3.0.

Fontes: Softwarelibre.org

Bootlog.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal